miércoles, 17 de junio de 2009

Visións de futuro para Porto do Son

Tempos de Transición.


A extraordinaria importancia do momento que estamos a vivir, lévanos de cotío a reflexións sobre o futuro do mundo onde terán que vivir os nosos descendentes. A nosa sociedade necesita urxentemente dunha reflexión, que permita reparar o dano feito ao noso planeta durante tanto tempo e equilibrar a nosa conciencia para aprender a verdadeira misión da nosa alma neste mundo.

O porvir non sucederá por si só, senón que será coa nosa participación e tendo tomada conciencia, do noso papel no deseño doutro modelo de vida para @s nos@s fill@s e net@s.

O progreso, a ciencia, as comunicacións, dotaron de ferramentas á humanidade para poder tomar parte nese deseño do futuro; é unha realidade que temos todo o que necesitamos para comezar a traballar. Non hai visión sen acción, logo non podemos quedar á espera de solucións globais, a solución está nas nosas mans, no noso concello.


Existe unha multitude de lugares no planeta, onde a súa realidade amosa outro escenario. Barrios, pequenas vilas, nucleos familiares, asociacións, comunidades e pequenos e grandes grupos de persoas; levan anos traballando para acadar a súa sustentabilidade ecolóxica, económica e social. O seu exemplo pode alumear o noso escenario de traballo e permitir afortalar as nosas capacidades e habelencias. Trátase de ser consciente do que temos, do que herdamos da nosa tradición e da dependencia que estamos a soportar do exterior. Se somos quen de avaliar a nosa capacidade de resistencia, teremos a oportunidade de comezar a traballar no deseño do futuro con robusteza.


Na mesa de encontro de visións que se está a celebrar o venres 19 de xuño de 2009, enmarcada nas actividades do Eco-concerto para a Auga Viva; preténdese reflexionar sobre o noso pasado, estando a salientar os seus valores, procesos e relacións; que permitiron todos eles referenciar a nosa identidade psicolóxico-social; aínda que tamén cultural, xeográfica, histórica, medioambiental e mesmo económica.

Con estas lembranzas e emocións de antano, poderemos preparar o terreo para valorar con firmeza a nosa realidade actual, estando a visionar o noso futuro en clave de responsabilidade comunitaria e participativa. É esta unha reflexión que paga a pena facer neste vibrante momento para a humanidade, a nosa responsabilidade coas vindeiras xeracións será facer o posible por acadar un futuro verdadeiramente sustentable.



Estades todas invitadas a visionar con nós.


Antonio Palma

Aprendiz de permacultora


-------------------------------------------------------


Mesa de encontro de visións

Eco-concierto para as Augas Vivas – LIVE H2O

19, 20 e 21 de xuño 2009 – Porto do Son


“O Futuro e o Presente de Porto Do Son”

Casa da Cultura -Venres 19 de xuño – 17 h.


1 comentario:

karma dijo...

Gracia Antonio por tu reflexion.
El futuro esta por venir y sera lo que cada uno de nosotros estamos realizando en el aqui y ahora, en el dia a dia, en las grandes y pequeñas cosas, pero sobre todo en la intencion con que se realizan. Si, preguntamos a nuestro corazon todos nosotros sin excepción sabemos que hacer y como realizarlo, guiados por una intencion pura y desde el amor.
No hay excepciones cualquiera que sea nuestra condicion o procedencia en lo mas profundo de nosotros anhelamos lo mismo, y alli en ese punto es donde todos somos uno.
Hoy recogemos lo sembrado. Recordarnos a nosotros mismos y ser honestos en nuestros actos podria ser un camino.
Hoy es 18:
Cuando el gran Tao es olvidado
aparecen la bondad y la piedad
Cuando la sabiduria del cuerpo declina
la inteligencia y el conocimiento toman el mundo
Cuando no hay paz en la familia
comienza la piedad filial
Cuando el pais cae en el caos
nace el patriotismo.
Verso 18 del Tao Te Ching (Lao Tzu)
Un beso para tod@s desde mi rincon del alma: BRISAS
Carmen