lunes, 15 de marzo de 2010

INAUGURACIÓN DA OBRA ESCULTÓRICA “O DRUIDA POETA” no Fogar do Santiso

*** INVITACIÓN ***
Venres, 26 de marzo 2010
INAUGURACIÓN DA OBRA ESCULTÓRICA“O DRUIDA POETA” no Fogar do Santiso

O Druida Poeta é a escultura realizada por os artistas Oscar Aldonza e Tucho Abalo, integrada na proposta de fusión da Arte e reciclaxe - ReciclARTE - xurdida ao abeiro da realización no pasado outono das Xornadas Terra e Cultura Sustentable 2009.

O VENRES 25 DE MARZO DE 2010 entre o lusco e fusco, terá lugar a INAGURACIÓN DA OBRA ESCULTÓRICA “O DRUIDA POETA” no Fogar do Santiso, coa celebración dunha festa senlleira con música tradicional galega. Aproveitarase a inauguración do monumento para exaltar a cultura popular de aldea e lembrar o significado do noso pasado celta.

UNHA QUEIMADA POPULAR BENDECIRÁ ÁS PERSOAS QUE QUERAN PARTICIPAR NESTE ACONTECEMENTO. A COMPOSTELÁ BANDA DAS CRECHAS, AGASALLARANOS CUNHA FOLIADA ¡¡¡TOPE CELTA!!!

Amósase unha nova aposta pola Sustentabilidade, ao presentaren unha obra artística realizada co vidro reciclado das botellas do restaurante o Fogar do Santiso.

“O Druida Poeta” é unha escultura realizada coa técnica do molde perdido e está composta por unha tonelada de vidro reciclado.
Na súa elaboración utilizáronse 400 kg. de barro de Buño, montados sobre unha estrutura metálica que encheuse de lixo non orgánico para compactala. Posteriormente e unha vez feito o modelado en arxila, realizouse un molde de escaiola, separado por distintas planchas de offset recicladas, para facilitar a súa rotura posterior. 1.200 kg. de escaiola foron necesarios para cubrir o devandito molde da escultura.
Unhas 2.500 botellas de vidro de distintas cores, aproximadamente 1 tonelada, procedentes do restaurante O Fogar do Santiso, foron moidas con distintos grosores e texturas para pasar a formar parte do corpo actual da escultura, ao encheren o molde realizado previamente. A arxila e a estrutura que acolleu o primeiro corpo será reutilizada para outras obras.

“O Druida Poeta” ficára disposto nun conxunto artístico especialmente deseñado para o seu emplazamento, un cromlech (composto por pedras graníticas) de 5 metros de diámetro, orientado aos 4 puntos cardinais e seguindo unha liña magnética e enerxética que descorre paralela á Mámoa de Trasellas. Alí no centro deste conxunto disponse o monumento, integrado por a escultura do druida de 2,50 metros de altura, que ficará á súa vez disposta sobre un cachopo de carballo de 2,30 metros. Case que 5 metros de monumento, no que o druida mira á saída do sol. A súa mirada, concentrase nun punto do cromlech e noutro, está disposta unha pedra cun pousamáns.

Unha lenda dun poema realizado polo noso vello José Santiso, percorrerá o pergamino que cae das mans do druida por riba do cachopo de carballo. Nas palabras e nas lembranzas da súa oda comeza unha fusión de mesaxes, emocións, enerxias e materiais. Toda ela vencellada con festas novas, as das botellas bebidas no Santiso a finais de verán e outono do 2009; porque elas son o corpo do druida e do pergamino. Pero tamén referencias vencelladas ao máis vello de todas nós, á cultura Celta presentada polo seu mesaxeiro máximo, o druida e a súa mesaxe. Ista mesaxe non ten territorio definido, e para todos os territorios de orixe druídico. Tampoco ten tempo, é inmaterial e eterna.

“Agora brindemos porque o vidro das nosas botellas será o corpo do Druida Poeta.”

Ista mesaxe de sempre lembra o que foi realmente o referente do noso pasado máis ancestral e da nosa identidade máis humana: a sabedoría da natureza e a venerabilidade dos nosos actos, a exhaltación dos ciclos naturais e a celebración da nosa virtude como seres vivos deste lugar, a Madre Terra. Toda unha mesaxe de reflexión pola Sustentabilidade.

Velaquí vai esta invitación, por parte da Asociaciación Cultural Os Ameios, a participar neste momento de exhaltación da Arte, a Reciclaxe, a Natureza e da Poesía; como instrumentos de reflexión pola recuperación dos nosos valores ancestrais e pola procura da nosa Sustentabilidade. Para reflexionar doutro xeito con outros instrumentos, contaremos coa exhaltación da Música Celta por parte da Banda das Crechas.



------------------------------
Na realización de “O Druida Poeta” e no resto de elementos que compoñen o seu conxunto monumental partiparon:

Mans anónimas que encheron de periódicos, latas e plásticos á estrutura que soportou o corpo de barro. As mesmas que colaboraron no día que se rompeu o seu molde de escaiola.
O noso poeta José Santiso co seu poema inspirador.
Oscar Aldonza e Tucho Abalo, na elaboración da escultura e o deseño dos elementos senlleiros.
Alvaro García Lema, no deseno do emplazamento do cromlech e estudo xeo-magnético e vibracional.
Santiago Martínez - Forxa Artística -, na realización do farol do druida.
Juan Carlos Zamora Tamayo - Zamo Tamay - no concepto orixinal e bocetaxe.

2 comentarios:

Cronopias dijo...

A VER RESUMINDO: VENRES 25 DE MARZO
FESTUKI NO SANTISO, NON SI?

ALÍ ESTAREMOS (OU NON)

BICOS

Antonio Palma dijo...

VIERNESSSSSSSSSS 26, VEINTISEIS, REPITO DOS SEIS, TWENTY SIX, VINTESEIS... FOI UN ERRO

ESTADES TODAS INVITADAS